,

5 cuestións básicas sobre a Xestión Documental en empresas

 

1.- Que é a Xestión Documental?

É o acto mediante o cal administramos a documentación dunha organización, co apoio dunha normativa e dunha práctica propia, ca que poremos toda a documentación e a información producida a disposición dos seus traballadores.

2.- Para que serve a Xestión Documental nunha empresa?

Para traballar de forma correcta ca documentación almacenada, axudándonos a recuperar a información de maneira rápida e asegurando a súa conservación. Garante o uso racional dos recursos que a propia empresa crea, facéndoa máis competitiva.

3.- Como beneficia a Xestión Documental a unha empresa?

O beneficio é inmediato. A xestión da documentación permite obter melloras económicas co aforro de persoal, de instalación e de material de impresión ou almacenaxe. Tamén supón perder menos tempo na procura de información ca que xa se traballou. Esta rapidez mellorará a eficacia do grupo e a toma de decisións acertadas, factor indispensable para despuntar no mercado actual.

4.- Que tipo de documentación pode ser xestionada?

A Xestión Documental abarca tanto á documentación electrónica coma á creada en papel. Todo tipo de documento pode formar parte da Xestión Documental e esta pode desenvolverse mediante rexistros manuais ou co uso de software específico para ter os rexistros informatizados.

5.- É segura a Xestión Documental para unha empresa?

A seguridade é unha das prioridades da Xestión Documental. Cun correcto tratamento da Xestión Documental poderemos garantir o uso correcto dos documentos, restrinxir o acceso á información e evitar o seu extravío.

Por todo isto, ofrecemos de maneira gratuíta unha auditoría para aquelas empresas interesadas en coñecer os beneficios da Xestión Documental na súa organización.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta