9609361_053404a0f7_b

O Arquivo coma garante da nosa Memoria: o caso do Arquivo Cuba

Se sempre remarcamos que os Arquivos de Empresa son unha das ferramentas máis importantes para mellorar a produtividade da institución ou un dos piares para a toma de decisións, non debemos esquecer que existen outro tipo de fondos documentais que buscan satisfacer outro tipo de necesidades.

Co recente falecemento de Fidel Castro, queremos recuperar a filosofía do proxecto Archivo Cuba, un Arquivo Dixital que se desenvolve dende Puerto Rico e no que se documentan as mortes e as desaparicións por causas políticas dende o 10 de marzo de 1952, data na que Fulgencio Batista suspendeu a constitucionalidade democrática en Cuba; acompañando isto con estudos dende a perspectiva da memoria ou da xustiza.

Nel hai documentados máis de dez mil casos e ademais de garantir a memoria do pobo cubano no futuro, fomenta, como indica na súa introdución, unha cultura de respecto á vida e á honra de todos os que perderon a súa vida durante este último período da Historia cubana. Funciona tamén como fonte documental para os estudos académicos e para a promoción dos Dereitos Humanos na illa.

Desenvolver este tipo de traballos, cun claro tinte de investigación histórica, presupón tamén realizar unha tarefa obxectiva, por iso é necesario recordar que para o modelo de Archivo Cuba:

Todos los casos se investigan y documentan sin importar los atributos o afiliaciones políticas, ideológicas u otras de las víctimas. La información se reporta fielmente y con objetividad, transparencia e imparcialidad. Además, se citan todas las fuentes utilizadas y las inconsistencias que se encuentran en los detalles reportados por las diversas fuentes se citan como “conflictos de evidencia””

Este tipo de traballos son habituais en países que sufriron algún tipo de conflito na súa historia recente. Para o caso galego podemos atopar a labor que se está a desenvolver ao redor da Universidade de Santiago de Compostela co proxecto Nomes e Voces, un completo Arquivo Dixital ca información ben estruturada das vítimas da Guerra Civil, o mapeo das principais zonas de conflito e o apartado no que permiten colaborar a todas aquelas persoas que teñan ou busquen información sobre os seus antepasados desaparecidos.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario