googleadwords

As certificacións de Google: Adwords

Imos falar brevemente do que son as certificacións de Google Adwords e o que supón para Unayta ter vixente esta certificación. Porque o que conta son os resultados, en Unayta poñemos o énfase na actualización constante e no perfeccionamento productivo.

Ven sendo moi habitual na contorna profesional que as persoas vencelladas a novas tecnoloxías posúan coñecementos moi especializados en determinadas ferramentas. Temos exemplos de alta tecnoloxía como Cisco, Microsoft, Oracle… monstros tecnolóxicos que dispoñen de ferramentas moi complexas e complicadas de empregar e optimizar.

No eido do marketing dixital dispoñemos tamén de ferramentas que precisan dunha optimización máxima e unha correcta aprendizaxe para poder obter todo o potencial que ofrecen, este é o caso do Google e as súas ferramentas para publicación de anuncios Adwords.

Google Adwords permite optimizar o SEM (Search Engine Marketing) na práctica é o posicionamento dos anuncios, e facelo do xeito máis eficaz e ao menor custe posible. Calquera que ofreza solucións no eido do marketing dixital pode demostrar que ten os coñecementos de determinadas ferramentas e facer pública esta capacidade, en Unayta temos no equipo de producción ao persoal con esta certificación.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario