,

O modelo de auditoría de UNAYTA

Sempre comentamos que dentro da nosa forma de traballar, o que máis nos representa, ademais do desempeño profesional das tarefas, é o acompañamento continuado do cliente co que estamos a traballar.

Isto non é unha cuestión menor, xa que da satisfacción do cliente depende acadar o éxito que procuramos e que non centramos unicamente en realizar ben o traballo para o que fomos contratados.

A nosa relación comeza cun episodio no que sempre facemos fincapé: a auditoría. É o momento no que lle presentamos ao cliente unha análise pormenorizada do traballo que podemos desenvolver, das eivas que advertimos e das solucións que queremos dar aos problemas concretos. Trátase dun documento dialogado, onde anotamos todas as conversacións previas que temos ca outra parte e na que xa podemos dar unha imaxe definitiva de cal será o resultado final do proxecto, o que entendemos que aporta un plus de tranquilidade e satisfacción ao cliente.

Plasmamos todo isto nun documento que será o piar principal do noso traballo, onde comezamos facendo unha descrición dos servizos que ofrece UNAYTA e que poden ser de interese para quen nos contrate. De seguido, facemos unha análise detallada do escenario que atopamos e das problemáticas que atopamos, tanto as que apreciamos nós coma as que nos comenta a parte interesada. A partir de aquí, o que facemos e derivar unha serie de solucións que dividimos segundo a urxencia ca que debe ser abordada, pensando sempre no benestar de quen nos contrata e na correcta conservación da documentación que imos tratar.

Pechamos o documento ca valoración económica, tratando de axustarnos sempre a todo tipo de presupostos e garantindo un prezo accesible para unha calidade excelente.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta