Balbina Gándara nas entregas de Exponav con Ainhoa Diaz e co Capitan do Navío Bartolomé do Museo Naval Militar de Ferrol

Completada a primeira fase de dixitalización de planos técnicos de EXPONAV e o Museo Naval Militar de Ferrol

Centeas de planos técnicos foron dixitalizados por UNAYTA co obxectivo de conservar o patrimonio documental que teñen as instituciones do sector naval en Ferrol

Durante a mañá de hoxe, tivo lugar a entrega do proxecto de dixitalización de planos técnicos cun formato maior a DIN A0 da Fundación EXPONAV e o Museo Naval Militar de Ferrol. Gracias ao traballo elaborado por UNAYTA, consultora tecnolóxica de Santiago de Compostela, as institucións poderán acceder de forma dixital aos planos en varios
formatos.

O obxectivo deste proxecto é, en todo caso, a protección e conservación do patrimonio documental que ten a cidade de Ferrol. Desta forma, evítase calquera dano dos planos por humidade ou luz directa e garántese a súa conservación durante anos.

José María Cardona Comellas, xerente de EXPONAV e o Capitán de Navío Bartolomé Cánovas Sánchez, Director do Museo Naval de Ferrol, estiveron presentes durante a entrega en mans de Balbina Gándara, Directora Comercial de UNAYTA, consultora tecnolóxica que realizou a labor de dixitalización dos planos técnicos das institucións.

UNAYTA segue a crecer no mundo da dixitalización con proxectos coma este, dos que estamos totalmente orgullosos e agardamos seguir sumando proxectos. Ademais, queremos agradecerlle tanto a EXPONAV como ao Museo Naval Militar de Ferrol a confianza depositada en nós e felicitarlles pola aposta pola dixitalización de arquivos, ferramenta útil e necesaria para a protección do patrimonio.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario