Dixitalización de arquivos e xestión documental

Temos unha ampla experiencia na organización e catalogación de arquivos documentais, tanto históricos e administrativos en Galicia. A organización e catalogación están realizados coa máxima precisión, seguridade e axilidade que este tipo de documentos esixe. Gracias a isto, convertémonos en expertos da dixitalización e da xestión documental para as empresas de calquera sector.

digitalizacion de archivos en galicia

Metodoloxía

Garantimos a calidade do servizo prestado e a execución en prazo gracias ao noso equipo de traballo. Todo o noso persoal está especializado e con acreditación académica na súa titulación.

Que realizamos?

Para a dixitalización de arquivos realizamos diferentes fases que buscan ordenar e clasificar os arquivos, catalogar os fondos documentais, dixitalizar a documentación histórica e administración e implantar a xestión documental no ámbito público e privado de toda Galicia: educación, sanidade, seguros, finanzas, transporte, asociacións, ONG, pemes (xestorías ou asesorías), concellos, museos, bibliotecas, fundacións, profesionais laborais (avogados, notarios, procuradores, etc.).

Tipo de documentación que dixitalizamos

O tipo de documentación que dixitalizamos son fondos históricos, expedientes médicos, documentos administrativos, vídeos, microfilm e diapositivas, fotografías e arquivos sonoros, entre outros.

O noso método de traballo sempre contamos cun asesoramento persoal e permanente cara os nosos clientes. Ademais da implantación de solucións de primeiro nivel. O proceso de traballo comeza cunha consulta telefónica e unha reunión inicial para poñernos co estudo e deseño da estratexia global. A continuación, presentárase o presuposto e a súa posterior aceptación por parte da administración ou empresa. Na fase de execución, confeccionarase un cronograma para empezar coas actuacións e entregar as respectivas actas de avance. Unha vez finalizado o proxecto, confeccionarase unha memoria final.

O noso equipo conta con escáneres e cámaras para un traballo de máxima calidade. Ademais, contémplase o aluguer do equipo.

digitalizacion de archivos en galicia

O noso software de dixitalización e xestión documental é unha solución homologada pola Agencia Tributaria (AEAT). Permite organizar, arquivar, indexar, xestionar e clasificar a versión dixital dos documentos xerados pola túa empresa (facturas. albarás, recibos, tiquets, presupostos, escrituras, arquivos Word, Excel, PDFs, etc.). Todo nunha aplicación web 2.0. A través do navegador, accederás en calquera momento e lugar á aplicación.

Non o dubides, adáptate ao entorno dixital!

Outros servizos

Ecommerce e
APPs

Dixitalización de arquivos e
xestión documental

Páxinas web e
identidade de marca

Marketing dixital
(SEO, SEM e Social Media)