Convite ao noso evento sobre JustBread en Santiago de Compostela

UNAYTA ten o pracer de convidalo ao evento que se celebrará sobre o noso software especializado en panaderías e pastelerías JustBread o próximo

MÉRCORES 8 de FEBREIRO do 2017  no CDTIC GALICIA

Horario: 18:00 – 19:30

Dirección: Rúa Arias Nunes, Santiago de Compostela.

Quen somos?

Somos unha consultora tecnolóxica especializada en comercio electrónico, aplicacións móbiles, páxinas web, dixitalización de arquivos e xestión documental, identidade de marca e marketing dixital (posicionamento e redes sociais). O noso método de traballo a través dun equipo de profesionais garante un asesoramento persoal e permanente, así como a implementación de solucións en todo o proceso.

De que vai o evento?

No evento vaise presentar o noso software especializado en panaderías e pastelerías JustBread, un programa de xestión para incrementar a productividade, ademais de outros aspectos positivos para o control da súa empresa.

Será unha oportunidade única para fomentar o networking entre os profesionais que acudan ao evento.

Solicitamos confirmación de asistencia!

Se precisa máis información, non dubide en contactar a través do 981 939 538 ou de unayta@unayta.es.

Proximamente máis info sobre os poñentes que acudirán ao evento.

Inscríbete no evento aquí: