Identidade de marca e páxinas web

Precisas que te recoñezan no mercado?
Se queres ter unha imaxe diferente a túa competencia, ser fácil de recordar e recoñecible no mercado, podemos axudarte. Creamos a túa propia identidade corporativa facendo fincapé na túa diferenciación e nas fortalezas do teu negocio. Tamén contamos con ferramentas para crear a túa páxina web corporativa en coherencia coa túa marca e mellorar a túa imaxe corporativa on e offline. Deixa que te vexan dunha forma diferente!

diseño de identidad corproativa

Identidade de marca

Creación de naming e deseño de logotipo

Creamos o nome da túa marca e/ou a súa identidade corporativa. É o primeiro paso para diferenciarse da competencia gracias a un nome característico e diferente. Acto seguido, débese crear o logotipo para representar por medio duns trazos, letras e cores os elementos característicos únicos e identificables dunha entidade. Dende Unayta sabemos que seu obxectivo é representar os valores da túa marca, por iso o noso equipo o plasma representando a túa misión, visión e valores.

Deseño de papelería corporativa

Deseñamos todos os elementos de imaxe corporativa. Sabemos que a primeira impresión é moi importante para destacar no mercado. Ademais, se tes moitas ideas pero non sabes como poñelas en marcha, podemos axudarte: realizamos calquera tipo de composición gráfica para implantar as túas ideas: roll-up, flyer, banner, vinilos, etc.

Páxinas web

En Unayta temos diferentes paquetes adaptados ás túas necesidades para que poidas ter a túa carta de presentación en Internet, ademais das respectivas contas de correo electrónico.

Deseño responsive

O deseño é responsive, é dicir, adaptable a calquera pantalla de dispositivo móbil: Tableta ou calquera móbil intelixente. Os contidos da túa páxina adaptáranse para que a navegación do usuario non sexa alterada e poidan sentirse coma peixes na auga.

Autoxestionable

Poderás xestionar todos os textos e elementos visuais da web para poder actualizala con total independencia en caso de que quixeras. Tamén contamos con paquetes de mantemento web por se te quixeras esquecer de calquera movemento na túa páxina e que non estea sempre actualizada. A túa web en coherencia coa túa páxina web, é a primeira impresión onde moitos clientes caeranse ou decidirán chamarte a partir dela.

páginas web

Podemos axudarche?

Se necesitas unha maquetación profesional, fluída, lexible e profesional, á altura das túas necesidades, poñemos a túa disposición un servizo completo de maquetación e deseño editorial. Na era dixital, temos que ter presente a importancia de aparecer en todas as canles de comunicación e de todas as formas posibles, xa que cantos máis campos abarquemos, máis impresións da nosa marca alcanzaremos.

Non o dubides, adáptate ao entorno dixital!

Outros servizos

Ecommerce e
APPs

Dixitalización de arquivos e
xestión documental

Páxinas web e
identidade de marca

Marketing dixital e
redes sociais