Marketing dixital (SEO, SEM e Social Media)

En Unayta estamos á última en canto a tendencias para estar ao día no marketing dixital e todas as súas ferramentas. O noso obxectivo é axudar a obter resultados a través do noso traballo e coñecemento. Empezaremos cun plan de marketing dixital onde estableceremos obxectivos, a quen te queres dirixir, a túa competencia e as campañas no entorno dixital que levaremos a cabo.

En todo momento, contarás co apoio dun especialista para calquera outro tipo de asesoramento que precises.

desarrollo web galicia

Posicionamento web

SEO

É moi importante traballar a túa páxina web a nivel técnico e con contido para posicionala en determinadas palabras clave. Desta forma, posicionarás a túa páxina no buscador e poderás estar máis cerca do teu público obxectivo. É a forma máis duradeira, pero tamén a que conleva máis esforzo e os resultados vense a longo prazo.

SEM

É outro tipo de posicionamento con publicidade pagada a Google ou outro buscador. Mediante puxas coa túa competencia poderás chegar ao máximo número de usuarios que tecleen a túa palabra clave elixida. Sen esperas e totalmente inmediato. Ademais, pagas por cada clic, é dicir, cada usuario que visita a túa páxina e que realmente está interesado no teu produto ou servizo.

Community manager

Estamos especializados nas redes sociais: sabemos cal é a máis indicada para o teu público obxectivo. A través das redes sociais acercáraste aos teus clientes dunha forma menos agresiva: con contido sobre os teus intereses. O obxectivo en redes sociais debe sempre acompañar ao teu público obxectivo.

É importante coñecer ben aos teus clientes potenciais. Así, conseguiremos levalo cara a compra do produto sabendo cales son os seus gustos e intereses.

Ademais, os nosos paquetes ofrecen outros servizos e ferramentas do marketing dixital como pode ser a creación e xestión de campañas de email marketing.

 Os hábitos de consumo mudaron e a comunicación é bidireccional. Na era das redes sociais, a túa marca está fóra de xogo?

desarrollo web galicia

Consulta máis información sen compromiso sobre os nosos servizos. Podemos adaptarnos a ti e facerte un paquete para as túas necesidades, como tamén asesorarte se é o que precisas.
Consulta sen compromiso!

Non o dubides, adáptate ao entorno dixital!

Outros servizos

Ecommerce e
APPs

Dixitalización de arquivos e
xestión documental

Páxinas web
e identidade de marca

Marketing dixital
(SEO, SEM e Social Media)