Marketing: produto, promoción, prezo e praza

Marketing dixital e as catro “P”: produto, promoción, prezo e praza

As opción de comercialización de productos ou servizos pasa por trasladar o seu modelo de negocio ao plano dixital.

Concretamente neste artigo centrámonos nas vantaxes competitivas que ofrece o ecommerce e o marketing dixital incidindo nas marxes de venda, mercado e nos competidores.

PRODUTO

Sabe como percibe o público a súa marca?

O branding (xerar marca) con mercadotecnia permiten, coa estratexia e as ferramentas axeitadas, coñecer a percepción de marca e potenciala. Así podemos diferenciarnos sobre os competidores.

O seguemento das conversas en internet co C2C (recomendacións de cliente a cliente) en redes sociais e foros é imprescindible para darse a coñecer e incidir na decisión de merca.

PREZO

Dispón dunha canle de venda retail (ao detalle)?

O ecommerce permite acurtar parte da cadea de venda. Incluso os almacenistas (grandes distribuidores, fabricantes ou manufacturadores) poden xerar a súa propia cadea de dropshipping (webs de venda a retail cuxos pedidos pasan directamente ao almacenista).

Por outra banda a propia consulta de prezos de competencia na rede, da boa conta da capacidade dos usuarios de comparar e este é un proceso ao que debemos adiantarnos.

PROMOCIÓN

Controla ao detalle as súas campañas publicitarias?

O uso do e-mail, o SMS, as redes sociais e a xestión das campañas con técnicas de marketing mix permiten maior eficacia ao ampliar a difusión das súas promocións, maior control e mellorar o ROI (retorno de investimento).

Dende mediados dos anos 90 coa instauración do email como principal ferramenta de comunicación, primeiro na empresa, e despois co público en xeral, este segue a ser o principal foco de influencia no cliente. Un cliente decide a compra dun producto influenciado ate nun 22% das veces pola información contida nos emails comerciais.

PRAZA

Necesita abarcar máis mercados?

Obviamente dispor dun sistema de vendas operativo en 7x24x365 a nivel internacional permite posibilidades de mellora de resultados sacando proveito dunha boa loxística. Todo iso é posible con baixos custos e gran control.

Un sitio web multiidoma, cunha axeitada política de comunicación facilitará conquerir vendas noutros paises con total garantía de pago e entrega de mercadoría grazas aos operadores loxísticos integrados na plataforma ecommerce.

Pode tomarlle a dianteira ao futuro, marketing dixital e ecommerce contacta con nós agora.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario