UNAYTA participa no gran evento da Arquivística galega, as II Xornadas Olga Gallego

arquivos municipais unayta

A pasada fin de semana, celebráronse na cidade de A Coruña as II Xornadas Olga Gallego de Arquivos, organizadas pola Fundación Olga Gallego.

Co obxectivo de honrar a memoria desta figura fundamental na Arquivística galega, a Fundación que leva o seu nome organizou este encontro baixo o título “Os Arquivos da Administración Local: política, planificación e sistemas fronte ao cambio

Entre os relatores que participaron, puidemos aprender máis sobre os casos da Deputación de Pontevedra, do Grupo de Arquivos Municipais de Madrid ou da Rede de Arquivos da Deputación de Barcelona, entre outros.

UNAYTA aproveitou a oportunidade para presentar os seus servizos de Dixitalización e Xestión Documental a todas as institucións e profesionais que se deron cita na cidade de A Coruña.

Da man da nosa Xestora do Negocio de Dixitalización, Balbina Gándara, UNAYTA participou dos diferentes debates que se presentaron nas Xornadas. Aproveitamos isto coma unha oportunidade para seguir medrando, pero tamén para coñecer os moitos problemas que supón para os Arquivos da Administración Local ter que dar o salto tecnolóxico ao que están obrigados.

Debido a isto, UNAYTA mantén a súa aposta firme por ofrecer solucións a este tipo de necesidades, colaborando cas institucións públicas a poder cumprir con todos os requisitos que a administración electrónica solicita.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta