UNAYTA segue medrando no campo arquivístico con novos proxectos

digitalizacion

Ao igual que xa informáramos para o proxecto de dixitalización do Arquivo de Ribeira, UNAYTA afronta este final do ano traballando en novos proxectos tanto de Xestión Documental coma de Dixitalización.

De todos estes traballos, hoxe queremos presentar os que se están a desenvolver en Arquivos Municipais de toda Galicia, moitos deles apoiados polas axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

É o caso do Arquivo Municipal de Boqueixón, que coma ben puidemos ler estes días nas páxinas do Correo Gallego:

No caso do executivo de Ovidio Rodeiro, grazas a estas axudas poñen en marcha o proxecto de dixitalización do seu fondo documental histórico co fin de facelo máis accesible a cidadáns e investigadores. Nesta primeira fase dixitalizáronse os libros de actas do Concello dende o ano 1847. Todas as sesións quedan plasmadas no libro de actas, “polo que queda reflexado o devir da historia municipal”, sinalan. Os traballos foron realizados pola empresa Unayta, consultora tecnolóxica radicada no Milladoiro especializada na dixitalización e xestión documental. Un responsable da empresa dixo que este labor “é fundamental para a preservación, xa que é necesario para a correcta conservación, pero tamén para mellorar o traballo diario do persoal administrativo”.”

Ao mesmo tempo, estamos desenvolvendo dous interesantes proxectos de organización documental, un no Arquivo Municipal do Cervo, no Norte de Lugo, e outro no Arquivo Municipal de Outes (A Coruña). Trátase de Arquivos que precisaban de ser organizados, xa non só para poder ser dixitalizados nun futuro, senón que tamén era algo necesario para que o propio persoal optimizase o seu traballo de búsqueda de información.

20161115_150054   20161115_150009

No caso da Serra de Outes, o Arquivo conta con case tres mil unidades de instalación que tiveron que ser trasladadas da súa ubicación orixinal na Casa do Concello por motivo dunha reforma no edificio, e que pasaron a estar noutras dependencias municipais onde a recuperación da documentación máis antiga supuña un verdadeiro problema para os usuarios.

Dende UNAYTA, ademais de defender a importancia de dar o salto dixital neste ámbito, tamén somos partidario de comezar os traballos polo proceso organizativo, sendo este o piar sobre o que asentaremos a posterior dixitalización e difusión do Arquivo. Tanto nas institucións como nas empresas ou noutros campos, o contar ca documentación ben ordenada é un factor destacado para mellorar na produtividade colectiva.

Por todo isto, remataremos o ano 2016 contentos pola confianza depositada en nós e agardamos seguir sumando proxectos no próximo ano 2017.

img_20160907_100524   img_20160919_130410

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta