AXUDAS PARA FUNDACIÓNS E A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA 2022
A Deputación da Coruña acaba de publicar no BOP (Boletín Oficial da provincia da Coruña) a convocatoria de axudas destinadas a fundacións e a entidades sen fins de lucro da provincia da Coruña titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2022.
QUE INCLÚE ESTA SUBVENCIÓN?
Inclúe traballos de documentación (rexistros, inventarios e catalogación) e conservación preventiva das coleccións, así como actividades culturais e de difusión ao redor dos mesmos.
Dende Unayta, consultora tecnolóxica especializada en transformación dixital, asesorámoste. Temos experiencia en dixitalización, catalogación de arquivos e fondos documentais. Deseñamos e efectuamos proxectos de dixitalización a medida, garantindo a recuperación da información e o seu correcto tratamento, segundo o estado de conservación e o formato utilizado.