Unayta é unha consultora tecnolóxica especializada en dixitalización e xestión de fondos bibliográficos. Temos ampla experiencia na organización e catalogación de documentos históricos e administrativos no ámbito público e privado.
QUE PODEMOS FACER POR TI?
Dende Unayta orientamos a bibliotecas e centros de documentación na planificación, organización, xestión, dixitalización e expurgo do seu fondo.
Se a túa biblioteca vai entrar na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e precisas apoio nos procesos de migración dende Meiga ao novo sistema, en Unayta ofrecémosche toda a axuda e os servizos necesarios para levar a cabo a xestión eficazmente.
OS NOSOS SERVIZOS
Formación e asesoramento para bibliotecarios en:
- Manexo do novo sistema de xestión KOHA (xestión de usuarios, buscas no catálogo, catalogación e altas de exemplar, impresión de etiquetas, circulación, calendario).
- Asesoramento e xestión nos procesos de migración á Rede de Bibliotecas de Galicia.
- Catalogación en formato MARC-21 e altas de exemplar.
Catalogación bibliográfica
- Levamos a cabo proxectos de catalogación en calquera sistema de xestión bibliotecaria (Meiga, Absysnet, Koha) de diferentes soportes e tipo de materiais: monografías, publicación seriadas, fondo sonoro e audiovisual, materiais especiais, fondo antigo, etc.
Xestión da colección
- Estes servizos inclúen todos os procesos na manipulación física integral dos documentos: rexistro dos exemplares, selado, clasificación, etiquetado, colocación en andeis ou depósitos, inventarios, traslados e expurgo.