SOLICITA AQUÍ MÁIS INFORMACIÓN SEN COMPROMISO!

Que podemos facer por ti?

Dende Unayta orientamos a bibliotecas e centros de documentación na planificación, organización, xestión, dixitalización e expurgo do seu fondo.

Comeza o ano catalogando

Unayta  conta cun equipo de profesionais con ampla experiencia en proxectos de catalogación bibliográfica de todo tipo de materiais, baseada nas Reglas de Catalogación, Normas ISBD, Formato MARC 21, RDA e adaptada a cada tipoloxía documental (monografías, publicacións periódicas e materiais especiais como material gráfico, material sonoro, audiovisual, partituras…) tanto de fondo moderno como de fondo antigo.

Dentro do proceso técnico realizamos servizos de:

  • Control, depuración e normalización de puntos de acceso e control de autoridades, coa finalidade de dar consistencia e integridade a súa base de datos.
  • Creación de autoridades de persoa, entidade, congreso ou título uniforme autorizadas e válidas.
  • Asignación e normalización de materias específicas e clasificacións.
  • Elaboración de Tesauros especializados.

Servizos para unha xestión integral do teu fondo:

  • Proceso físico e tarefas auxiliares: etiquetado, etiquetas RFID, códigos de barras.
  • Inventariado do fondo, traslados e ordenación.
  • Elaboración de instrumentos de descrición (catálogos, bibliografías, índices,…).

Se tes previsto realizar neste 2019 proxectos de catalogación de diferentes soportes e tipo de materiais non dubides á hora de consultarnos que podemos facer por ti.

  • A catalogación realízase sobre calquera Sistema de Xestión Bibliotecaria ou Documental (Absys, Koha, Millenium, Meiga …).

Outros servizos

Poñemos á túa disposición un amplo abano de servizos específicos para bibliotecas, así como cursos específicos de formación para bibliotecarios e o mellor asesoramento técnico para levar a cabo a xestión e mantemento da túa biblioteca.

 Se tes algunha dúbida ou consulta chámanos