O noso proxecto de Oficina Sen Papel brinda servizos, intelixencia e soporte modular ao proceso de transformación dixital da túa organización.

O proxecto de OSP foi concibido coma unha metodoloxía integral para a renovación de procesos corporativos, para dotar á túa organización da maior eficiencia, seguridade e economía, no marco dun proxecto de innovación sensata que contemple melloras ecolóxicas.

Consultoría

En Unayta orientamos a institucións e empresas na planificación, organización, xestión, dixitalización e destrución certificada da súa documentación. Realizamos gratuítamente un diagnóstico previo que inclúe un informe de mellora de procesos e aforro aplicado.

Auditoría documental

Realizamos un minucioso estudo de auditoría para determinar todos os aspectos clave que nos permitan abordar a transformación dixital da túa organización con todas as garantías. O resultado é unha proposta funcional para a implementación dunha solución ben definida, perfectamente aliñada coas súas necesidades.

Servizos

Unayta ofrece un amplo abano de servizos para impulsar a transformación dixital da túa organización. Contarás sempre coa nosa asistencia personalizada para trasmitir o funcionamento e as vantaxes da Oficina Sen Papel ás persoas usuarias, destinatarias e protagonistas do cambio.

Pide GRATIS un diagnóstico