FORMACIÓN ONLINE GRATUITA DE ARQA E XARAL PARA ENTIDADES LOCALES

Por mor da implantación en 2020 do novo sistema de xestión de arquivos da Xunta de Galicia para a administración local, ARQA, desde UNAYTA impartiremos unhas formacións en liña gratuítas, a partir do mes de outubro, para que coñezan a fondo a nova ferramenta de xestión de arquivos. Ademais, de profundar e explicar o funcionamento do antigo xestor, XARAL, e de como se realiza a migración de datos dun xestor a outro.

Inscríbete na formación online de ARQA e XARAL

ARQA y XARAL

ARQA  é o sistema de xestión documental do ámbito arquivístico que facilita a xestión dos diferentes arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia, tanto os integrados no Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia como os dependentes doutras administracións, fundamentalmente da administración local.

ARQA, que substitúe desde 2020 ao xestor XARAL, permite:

  • A xestión do cadro de clasificación documental dos arquivos.
  • A xestión das descricións seguindo as normas internacionais de descrición arquivística.
  • O control de xestión de ingresos e saídas de documentos.
  • A xestión do control dos diferentes servizos prestados polos arquivos (consultas ou préstamos, entre outros).