Digital Docu, o noso software de Xestión Documental
UNAYTA é unha consultora tecnolóxica especializada en comercio electrónico, aplicacións móbiles, páxinas web, dixitalización de arquivos e xestión documental, identidade de marca e marketing dixital (posicionamento e redes sociais).
Grazas á nosa experiencia, decidimos comezar a distribuir solucións de software específico para os problemas que atopábamos no día a día de moitas das empresas que requiriron dos nosos servizos.
Hoxe queremos presentar unha das moitas solucións que propoñemos, como anticipo ao evento público que faremos en Santiago de Compostela o próximo 8 de febreiro: Digital-Docu.
Trátase dunha potente ferramenta de Xestión Documental, modular e escalable segundo as necesidades de cada cliente. Está contrastado en empresas de diferentes tamaños e permite controlar todo o proceso que desenvolve a nosa documentación na empresa.
Con DigitalDocu poderemos traballar en todo momento co noso Arquivo, xa sexa dende o noso equipo ou dende a nube. Para isto poderemos recoller os documentos dende o escáner, dende o propio escritorio do noso equipo, dende MS Office ou mesmo dende o noso email. A partir dese momento, poderemos filtrar e localizar todo tipo de datos segundo a información que conteña cada documento. DigitalDocu ofrece tamén a posibilidade de enlazar varios documentos para traballar de maneira conxunta con eles, pódese integrar de forma natural nos procesos propios da maioría de aplicacións do mercado (ofimática, contabilidade, ERP, etc) o que garante un tempo de implantación e asimilación sen precedentes.
Destaca tamén as súas funcións de custodia, xa que se poden establecer permisos de acceso a cada tipo de información e, pola contra, poderemos tamén automatizar os procesos entre varios usuarios que deban interactuar cun mesmo documento.
Como xa saberedes, a nosa forma de traballar incide na formación do noso persoal para garantir un asesoramente persoal e permanente, así como a implementación de solucións en todo o proceso de traballo. Por iso aseguramos que o traballo con DigitalDocu é unha das mellores solucións do mercado, sobre todo para aquelas empresas que perdan parte da súa xornada laboral entre grandes volumes de documentación desorganizada.
Esta ferramenta vai ser presentada nun acto que celebraremos o próximo 8 de febreiro no CDTIC de Galicia (Rúa Arias Nunes, Santiago de Compostela), nun evento onde explicaremos a importancia da xestión documental en diferentes sectores profesionais (colexios oficiais, avogacía, arquitectura, etc.) e das posibilidades que ofrecen as nosas solucións de software.
Será unha oportunidade única para fomentar o networking entre os profesionais que acudan ao evento.
Infórmate neste evento, escribindo a unayta@unayta.es ou chamando ao 981939538. É preciso confirmar a asistencia.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!