• Marketing Dixital

    Xestionamos de maneira integral o teu Plan de Marketing dixital, realizando campañas especializadas

  • Dixitalización de Arquivos

    Elaboramos proxectos de dixitalización de arquivos á medida dos fondos documentais

  • Xestión documental

    Axudamos a crear e implementar a túa estratexia corporativa de xestión documental

  • Programa de xestión para panaderías e pastelerías

    Justbread Soft é o programa para a xestión da túa panadería. Unha axuda para as xestións do negocio, na venda de produtos en tenda e no reparto

Oficina Sen Papel

Unayta OSP brinda servizos, intelixencia e soporte modular ao teu proceso de transformación dixital

Creamos a túa plataforma online co mesmo agarimo co que constrúes o teu propio negocio.

As nosas tendas online son totalmente responsive, optimizadas para a indexación en buscadores e para a usabilidade dos teus clientes.

Os teus clientes, as 24 horas dos 365 días do ano.

O noso proceso de auditoría documental establece unha adecuada estratexia de intervención no teu fondo.

O resultado é unha proposta para a implementación dunha solución ben definida e aliñada coas túas necesidades.

Xestiona, conserva ou divulga o teu arquivo!

Creamos o deseño da túa marca para mostrar os teus valores e personalidade. Dende a creación do naming ata calquera tipo de deseño gráfico ou web.

Tamén creamos portais para que te atopen na rede.

Fai que se identifiquen coa túa marca!

Axudámosche a posicionar a túa web a través de técnicas de marketing dixital (redes sociais ou posicionamento web).

Definimos contigo os obxectivos e o público ao que nos queremos dirixir para configurar as distintas campañas.

Aumenta e optimiza a túa presencia online!

Proximidade

O noso principal valor é buscar a proximidade coa nosa clientela. Gústanos saber de ti, gústanos saber como che vai e, por suposto, se as cousas van ben, tamén nos van ben a nós. Ademais, o noso nome vén dunha palabra quechua que significa “sempre xuntos”.

Innovación

Aportamos solucións para a mellora de procedementos e métodos de traballo que axuden a optimizar e mellorar os teus resultados. Os nosos servizos adáptanse as túas necesidades.

Dedicación

Encántanos o que facemos, por iso facémolo con ganas e ilusión. Ademais, contamos cun equipo altamente capacitado e iso se nota na calidade dos nosos servizos.

Casos de éxito

Fixen con Unayta a miña páxina web corporativo e transmitíronme cercanía e profesionalidade dende o primeiro momento. Confío neles para calquera necesidade dixital ou tecnolóxica do meu Despacho de Avogados.

SistemiusJose Nogueira

Dende que Unayta comezou a traballar con nós, xa non temos que preocuparnos das campañas de Google Adwords ou das redes sociais, o que nos permite centrarnos na actividade propia do noso negocio. Os resultados do seu traballo son mensurables nas estadísticas. O traballo que fan é global, polo que os seus efectos reais aprécianse a longo prazo, aínda que son constantes e perduran no tempo.

TournrideXavier

A nosa experiencia traballando con Unayta é de 10 por todo o apoio informático, deseño, etc. Sempre a mellor actitude para solucionar os problemas e unha preocupación constante polo desenvolvemento na súa área. Consta de un gran equipo humano. Gracias polo bo facer diario.

DisbecomFran

Contacto