Entrevista a UNAYTA na web de Neodoc
Neodoc, é o blogue do proxecto empresarial Neosystems, especializado en temas de Xestión Documental. Entre os seus apartados, destaca o das entrevistas a expertos do campo documental, para que aporten as súas visións acerca deste sector.
É para UNAYTA unha honra formar parte deste selecto grupo de especialistas, xa que a nosa compañeira Balbina Gándara, Xestora do Negocio de Dixitalización e Xestión Documental, foi entrevistada para esta web, ao igual que xa fora entrevistada para o xornal económico Cinco Días.
Baixo o titular “As empresas están preparadas para dar o paso cara unha oficina na nube” a nosa compañeira responde a un cuestionario onde analiza as claves da transformación dixital das empresas, a función da xestión documental nas compañías, os distintos tipos de software ou as mentiras máis arraigadas neste sector.
Tedes a entrevista completa na web de Neodoc, onde poderedes coñecer algo máis sobre os nosos servizos e as nosas formas de traballar. Como ben explica Balbina Gándara, a Dixitalización e a Xestión Documental van xogar un papel importante no futuro das empresas que queiran ser competitivas, e aporta un dato esperanzador para seguir traballando:
“Calcúlase que o 90 por cento do mercado de solucións de xestión documental están todavía por explotar, polo que entendo que debe ser un dos puntos dende que o sector medre no futuro”
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!