Evento-JB&DD

UNAYTA lanzou dous software pioneiros no sector

Onte, mércores 8 de febreiro do 2017, tiveron lugar dúas importantes citas para o sector tecnolóxico en Santiago de Compostela.

En primeiro lugar, UNAYTA presentou o software de xestión documental Digitaldocu. Unha solución para xestionar todos os arquivos que se teñen nas oficinas. É unha ferramenta escalable e adaptada para as pequenas ou grandes empresas. Francisco Gil, Presales Manager de Ofimática Digital, explicaba as vantaxes que ten esta aplicación e a súa versatilidade, xa que se pode utilizar en formato web ou dende o propio escritorio. É tan sinxelo como arrastrar os documentos dende o PC ata Digitaldocu.

Na segunda sesión, tivo lugar unha demostración da ferramenta JustBread, software especializado para pastelerías e panaderías. Manuel Calvo, Xefe de Vendas de Unayta, acompañado de Martín Gándara, responsable da parte técnica da aplicación, foron os poñentes que lle deron voz a esta demo. Mencionáronse as numerosas vantaxes desta ferramenta dunha maneira práctica. Os panadeiros que asistiron de forma física ou a través do streaming tiveron a ocasión de coñecer como funciona a ferramenta que inclúe todo o que un negocio de pastelería, panadería ou obrador precisa.

software de panaderias

Manuel Calvo presentando JustBread

Dende Unayta, queremos agradecer a todas as persoas que asistiron de forma presencial ou telemática aos dous eventos e, por suposto, o tempo invertido. Tamén queremos aproveitar esta ocasión para agradecer a Amtega e ao CDTIC a súa colaboración e a predisposición que tiveron antes, durante e despois do evento.

Xa estamos preparando o próximo evento, estás listo?

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario