UNAYTA participará nas II Xornadas Olga Gallego de Arquivos
Os próximos 21 e 22 de outubro celebraranse na cidade da Coruña as II Xornadas Olga Gallego de Arquivos, organizadas pola Fundación Olga Gallego.
Trátase dunha das citas máis importantes para a arquivística galega, tanto por honrar á memoria de Olga Gallego, a figura galega máis relevante neste campo; coma por ser o punto de unión de todos os interesados no campo da documentación.
Baixo o título “Os arquivos da Administración local: política, planificación e sistemas fronte ao cambio” as Xornadas contarán este ano con relatorios de nivel, con convidados coma Antonio Maranhão Peixoto, coordinador da Comissão Permanente do Grupo de Trabalho de Arquivos Municipais da APBAD; Paloma Fernández Gil, do Grupo de Arquiveiros Municipais de Madrid; Luís Martínez García do Arquivo Xeral de Castela – A Mancha ou Carlos Alcalde Martín – Calero, arquiveiro da Deputación de Valladolid.
UNAYTA posicionará os seus servizos ofrecendo unha charla na que explicará os seus produtos para o campo dos Arquivos e a Dixitalización, da man de Balbina Gándara, Xestora do Negocio de Dixitalización.
Aproveitamos para convidar a todos os interesados a participar, xa que tanto a formación coma a posibilidade de intercambiar opinións con profesionais, supón unha das mellores oportunidades para ir coñecendo a actualidade tan cambiante do sector. Deste modo, UNAYTA garante o poder ofrecer aos nosos clientes as últimas novidades nos seus procesos de Xestión Documental.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!