‘Maxina ou a filla espuria’, a primeira novela moderna en galego (1870)
A Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e a Real Academia Galega (RAG) acaban de reeditar conxuntamente ‘Maxina ou a filla espuria’ de Marcial Valladares. Unha obra do Rexurdimento considerada a primeira novela moderna en lingua galega e que regresa ás librerías no centenario do nacemento do seu autor. Nesta coidada edición, UNAYTA encargouse da dixitalización do manuscrito depositado no arquivo da RAG, onde chegou despois de ser doado polo Centro Galego de Bos Aires en novembro de 1970. Ademáis, dos textos manuscritos orixinais do autor, inclúense nesta nova edición as partituras que o prolífico autor compuxo como elemento complementario dunha obra adiantada ao seu tempo e da que vos falamos a continuación.
O autor e a súa obra cume. Pioneiro da narrativa moderna en galego
‘Maxina ou a filla espuria’ foi publicada no ano 1890, máis apareceu por primeira vez en forma de folletín por entregas no ano 1880 (o manuscrito data de 1870) na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Manuel Murguía. O seu autor, Marcial Valladares (Vilancosta, Berres, A Estrada, 1821-1903), formou parte do grupo intelectual do Rexurdimento.
Marcial Valladares, aínda que se licenciou en Leis no ano 1842 e ocupou diferentes cargos na capital pontevedresa, decidiu abandonar a súa carreira como home público para adicarse á literatura e á lingua con importantes contribucións á cultura galega cunha pioneira e variada obra que incluía poesía, narrativa, folclore, lexicografía, gramática, cantigas… Pero foi como autor literario como se situou como unha das figuras relevantes do Rexurdimento, sendo precursor moderno no uso do galego como lingua literaria nos xéneros lírico, con poemas como A un paxariño o Suidades, e narrativo coa súa obra cume ‘Maxina ou a filla espuria’.
‘Maxina ou a filla espuria’, publicada primeira vez en formato de novela folletín, conta a historia dunha moza da burguesía compostelá, Otilia, que ten unha filla, Maxina, froito dunha violación cando tiña só 16 anos, e que queda aos coidados dun matrimonio de labregos galegos, Inés e Caitán, xunto ao seu fillo Ermelio. Á morte dos seus titores, ambos muchachos vense obrigados a traballar na casa doutros labregos, de onde son sacados por Salvio, padriño de Ermelio e que está namorado de Otilia, e polo Marqués de Tría-Castela, namorado de Maxina e que descoñece que esta é a súa neta, pois o pai de Maxina resulta ser o seu fillo que antes de morrer confesa que violara a Otilia. Finalmente, ambos mozos, marchan para Madrid onde casan á idade de 18 anos, mentres Otilia que ía casar con Salvio, cae nunha profunda tolemia.
Dixitalización do facsímil caligráfico orixinal de Marcial Valladares
A contribución de UNAYTA á reedición da primeira novela moderna en galego, editada conxuntamente pola RAG, Editorial Galaxia e a Xunta de Galicia, foi unha coidada dixitalización do texto orixinal manuscrito donado á Real Academia Galega da Lingua polo Centro Galego de Bos Aires en novembro de 1970.
Seguindo un meticuloso proceso técnico, coa premisa de manter nas mellores condicións un documento de tal valor cultural e histórico, UNAYTA dixitalizou unha a unha as páxinas deste facsímil, que ademáis dos textos manuscritos orixinais tamén conta coas partituras compostas por Valladares e que complementan esta novela adiantada ao seu tempo, permitindo a súa conservación e difusión.
Unha vez entregados os arquivos dixitalizados, os editores, noutro minucioso proceso de maquetación, crearon unha fermosa composición na que se ofrece o texto actualizado, para facilitar o acceso á súa lectura, acompañado da reproducción facsimilar califgráfica na que se inclúen tamén as partituras compostas por Valladares como complemento da obra, nunha excelente e coidada edición da que a partir de agora poderá disfrutar a cidadanía.