Como crear unha conta de WhatsApp para a túa empresa
WhatsApp Business (ou WhatsApp para Negocios) chegou a España! De momento, só está dispoñible para Android, pero xa se pode descargar na App do Google Play.
É unha novidade para as empresas poder comunicarse cos seus clientes a través deste servizo, que non se diferencia moito da súa versión persoal en canto ao funcionamento. A gran diferencia, é que co WhatsApp Bussines non terás que preocuparte de recabar autorización explícita para realizar comunicacións cos teus clientes ou posibles clientes a través de este medio, xa que cumpre coa normativa de protección de datos.
Pasos para crear a túa conta
WhatsApp para Negocios pódese descargar neste enlace. Recorda que todavía non hai versión para iOS, así que terás que utilizar un teléfono con un sistema Android.
Despois da descarga, tes que abrir a App e pulsar “aceptar e continuar”. Coidado! Se fas clic en “Non teño un negocio”, WhatsApp pecharase automaticamente.
WhatsApp querrá verificar o noso número de teléfono, e é necesario que aceptes os permisos para que a aplicación poda acceder ás imaxes e contactos do teu teléfono. Posteriormente, tes que poñer o nome e a foto da empresa. O nome non se pode cambiar, así que comproba que o escribiches correctamente antes de seguir.
Por último, en “Axustes de empresa”, cubre toda a información sobre a mesma: dirección, horario comercial, correo electrónico, páxina web, productos e servizos… E xa podes comezar a usar o WhatsApp na túa empresa!
Vantaxes de utilizar WhatsApp Business (ou WhatsApp para Negocios)
- Podes utilizar unha mensaxe de benvida.
Unha das funcionalidades da versión de WhatsApp Business é crear unha mensaxe automática que se envíe cando un cliente nos fala por primeira vez, ou cando non tivemos interacción co mesmo durante máis de 14 días. O límite son 200 caracteres, e pódense engadir emoticonos.
“Benvido/a a Unayta, a túa consultora tecnolóxica. ¿En que podemos axudarche? 🙂”
- Podes crear unha mensaxe de ausencia.
É moi útil para que os clientes o reciban cando non estamos dispoñibles (por exemplo, fora do horario de oficina). É importante ter sempre conexión a internet no móbil, ou pode que non sempre se envíen as mensaxes de ausencia.
“Gracias por contactarnos! O noso horario de oficina é de luns a xoves de 08:30 a 18:00 h, e os venres ata as 14.30 h. Contestaremos o antes posible.”
- Respostas rápidas:
Frases que se gravan previamente, e que logo utilizamos con atallos. Por exemplo, podemos engadir o atallo “gracias” para que responda automáticamente “Moitas gracias pola súa consulta, esperamos ter sido de axuda”. Así, conseguimos optimizar tempos e ter unha comunicación homoxénea cos clientes.
- Estadísticas:
Polo de agora son bastante básicas, xa que só se poden saber o número de mensaxes enviadas, recibidas e entregadas dende o perfil de empresa. Sen dúbida, WhatsApp desenvolverá nun futuro máis estadísticas como, por exemplo, para mostrar datos para medir as conversións cara a web.
Limitacións de WhatsApp
Non se poden utilizar dúas contas de WhatsApp no mesmo terminal, polo que, si rexistramos dúas contas co mesmo número de teléfono, só se poderá utilizar unha das dúas aplicacións con el, a persoal ou a de negocio.
Nós xa estamos en WhatsApp Business! Esperamos falar contigo pronto.