startup-593341_1920

UNAYTA é un termo de orixe quechua que significa “sempre xuntos” e que simboliza perfectamente o que buscamos dende a nosa empresa.

Como xa facíamos cos nosos servizos de marketing dixital e demais, co servizo de Xestión Documental e Dixitalización procuramos traballar sempre á par do noso cliente, engadindo a isto dous valores transversais máis: a innovación e a dedicación.

A dedicación pola paixón que sentimos polo noso traballo e o esforzo que realizamos para desenvolvelo correctamente, porque para nós esa é a mellor tarxeta de presentación. E a innovación porque facilitamos un cambio novidoso en produtos e métodos de traballo, axudando sempre a optimizar os resultados dos nosos clientes.

Esta estreita relación cos nosos clientes comeza ca auditoría do problema a tratar, para o cal podemos desprazarnos sen compromiso ata a sede do noso cliente ou podemos realizalo de maneira virtual.

A partir disto, elaboramos unha proposta de actuación na que avaliamos os problemas que atopamos e ofrecemos unha serie de solucións, económicas e que sirvan para beneficiar á produtividade da nosa clientela.

Novamente en grupo, definimos un proxecto a desenvolver no menor tempo posible e evitando todo tipo de interferencias molestas co traballo diario da empresa. “Sempre xuntos” coma reza o noso lema, pero evitando molestias innecesarias, con seguridade no correcto desempeño do noso traballo e con todas as garantías dos bos resultados.

Nesta definición do proxecto establecemos un compromiso co noso cliente e estipulamos unha serie de resultados que garantan a calidade do noso servizo. Evitando todo tipo de problemas podemos asegurar tranquilidade e resultados, garantías e satisfacción tanto no cliente coma nos nosos traballadores.

¡Haz clic para puntuar esta entrada!
(Votos: 0 Promedio: 0)
0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario