Os Arquivos do Mar en Galicia
Durante séculos, o mar galego foi un dos piares fundamentais da sociedade galega. Ligado á súa cultura desenvolveuse unha sociedade cos seus códigos, as súas expresións e a súa forma de vida. Falar en Galicia do mar é falar de tradicións e de esforzo, do traballo diario e de milleiros de familias ligadas ao porvir das mareas.
Froito deste pasado, xerouse unha gran cantidade de documentación que non sempre conservamos da forma correcta por non darlle a importancia que realmente merece. Asociacións, confrarías ou as propias familias mariñeiras conservaron co paso do tempo fotografías, documentación e todo tipo de testemuñas do seu pasado mariñeiro.
Agora, aproveitando as subvencións para proxectos promovidos polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), dende UNAYTA estamos iniciando un proxecto con diferentes confrarías para comezar a recuperar unha parte importante da memoria do noso país. Queremos apoiar a todos os colectivos mariñeiros na recuperación da súa memoria fotográfica, na dixitalización da súa documentación e na organización dos seus arquivos.
Queremos revalorizar o noso patrimonio costeiro cunha aposta decidida por este sector, aproveitando os nosos coñecementos e as nosas ferramentas para garantir a conservación dun patrimonio documental pouco estudado pero de gran interese, tanto para a sociedade mariñeira coma para o público investigador.
Se sabes dalgunha entidade interesada na recuperación e difusión do seu pasado documental, non dubides en contactar ca nosa empresa, xa que aínda temos tempo, ata o 1 de marzo, para solicitar estas axudas ao abeiro das subvencións dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro.
Infórmate, pinchando aquí, dos nosos servizos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!