,

Toén e a lingüística galega: unha relación histórica

A escasos oito quilómetros da cidade das Burgas e inmerso nunha paisaxe de viñedos que nos recorda que estamos en pleno Ribeiro atopamos o concello de Toén, onde estivemos traballando para realizar a organización e descrición do arquivo municipal. Por este motivo, tivemos a posibilidade de coñecer a relación histórica establecida entre Toén e a lingüística galega.

Se falamos desta localidade, seguro que o primeiro que ven ás nosas mentes é o Hospital, institución que abre as súas portas en 1959 e que pronto se convirte nun referente para os centros psiquiátricos do momento. O que non é tan coñecido é que, nunha das parroquias deste concello ourensán, naceu o pai da lingüística galega: Juan Antonio Saco e Arce.

Juan Antonio Saco e Arce nace en 1835 na aínda hoxe chamada Casa Grande de Alongos, no seo dunha familia fidalga. Vive nun contexto histórico no que se está a producir o espertar da conciencia da identidade de Galicia, proceso no que se mergullará asumindo ese compromiso coa lingua. Durante a súa vida, traballa para elevar o galego á categoria de lingua culta, facendo unha defensa do seu uso e rexeitando con forza a actitude de desprezo tan común no seu tempo.

Gramática Gallega, de Don Juan Antonio Saco e Arce

Gramática Gallega, de Don Juan Antonio Saco e Arce

A súa Gramática Gallega, publicada no ano 1868, foi o primeiro intento científico de dotar á lingua galega de regras e fundamentos para o seu perfecto estudio.  Deste xeito, hai que considerala como o primeiro intento serio, e durante xeracións único, de darlle ao noso idioma o tratamento científico que merecía. Publicada cinco anos despois de Cantares Gallegos,  é  tamén un texto fundador cuxa importancia cómpre lembrar.

Se tedes curiosidade e queredes saber máis sobre esta interesante obra, a Biblioteca Dixital de Galicia permítenos acceder a unha copia dixital a través deste enlace.

Ademais, se estades interesados no proxecto de organización e descrición no Concello de Toén e queredes máis información sobre os traballos que levamos a cabo, podes contactar con nós e seguirnos nas nosas principais redes sociais (LinkedinTwitterFacebook).

Boa lectura!

Autora: Oria Ferreiro