,

UNAYTA comeza un novo proxecto ca dixitalización do Arquivo Municipal de Ribeira

Grazas ás axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia,o Concello de Ribeira contratou os servizos de UNAYTA para executar a segunda fase de dixitalización do fondo documental.

O propio Concello de Ribeira pretende con esta medida dar acceso aos veciños á documentación, fomentando a transparencia e a accesibilidade ao tempo que garanten a conservación do seu fondo histórico.

Dixitalizaranse nesta etapa os Libros de Actas correspondentes ao período comprendido entre 1917 e 1960, con todos os asuntos tratados nos Plenos do Concello destes anos.

Completa isto a dixitalización anterior dos Libros de Actas dos Plenos comprendidos entre 1862 e 1916, os Padróns de Habitantes dende 1862 a 1960 e o Libro de Rexistro de Emigrantes dende 1923 a 1937.

A satisfacción do traballo ben feito, sigue a dar os seus froitos, xa que neste momento estamos traballando tamén noutros Arquivos Municipais, tanto con proxectos de Dixitalización coma de Organización e Xestión Documental.

Ademais, nestes últimos días, os xornais da zona comezaron a facerse eco do proxecto e a referenciar o traballo de UNAYTA, como podemos ver nos enlaces do Correo Gallego ou da Voz de Galicia, entre outros.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta