Xaneiro, mes das axudas arquivísticas
Este mes de xaneiro saíron dúas axudas da Xunta de Galicia, das que, sen dúbida, se poderán beneficiar varias entidades da nosa contorna que sexan responsables dun arquivo. Ao longo deste artigo, falamos das principais características das mesmas:
Axudas para equipamento e mellora das instalacións dos arquivos municipais
A Secretaría Xeral de Cultura publicou a orde reguladora das axudas de equipamento e mellora das instalacións de entidades públicas con personalidade xurídica propia. Esta subvención contempla:
- Armarios para arquivos
- Equipos audiovisuais
- Novas tecnoloxías
- Mellora das instalacións e a accesibilidade das mesmas
Está destinada, principalmente, a concellos e mancomunidades.
A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 90 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe ascenderá a 35.000 euros cando se trate de solicitudes conxuntas.
Axudas para a organización e catalogación de fondos documentais de arquivos galegos
A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición e organización de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
A estas axudas poderán optar tamén os concellos e mancomunidades e, por outra banda, as universidades, os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, sempre que conten cun local estable destinado a arquivo, e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental e cultural de Galicia.
A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 6.000 euros por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do investimento total aprobado. Este importe ascenderá a 8.000 euros cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).
Dende Unayta podemos asesorarte sobre estas axudas
Como a túa consultora tecnolóxica de confianza, se formas parte dunha destas entidades, ofrecémoste o noso asesoramento en tódalas cuestións que se te presenten.
Encargámonos da totalidade do proxecto: dende a súa definición, creación da memoria técnica e posterior execución, para que só teñas que preocuparte de gozar do resultado.
Somos especialistas neste tipo de solucións integrais para arquivos:
- Solucións de organización e almacenamento arquivístico a través de armarios compactos. Espazo, orde, accesibilidade e conservación son termos fundamentais na xestión de calquera arquivo.
- Proxectos de construción a medida. A nosa experiencia fainos desenvolver actuacións para conseguir a máxima capacidade de almacenamento en calquera circunstancia.
- Normas de calidade e normas ISO
Os nosos traballos ofrecen alto grao de protección para garantir a conservación e a seguridade da súa documentación.
Prazo de presentación das solicitudes
Para que unha entidade se beneficie destas axudas, as solicitudes deben presentarse ata o 19 e 20 de febreiro, respectivamente.
En Unayta, vimos de realizar numerosos traballos desta índole para a Administración provincial, local e autonómica, así como para entidades, organizacións e empresas privadas.
Se estás interesado/a, contáctanos e aproveita esta oportunidade para realizar actuacións en materia de arquivos a cargo da achega da Xunta de Galicia.