Galiza Sempre, preservación da memoria histórica de Galicia
En Unayta, consultora tecnolóxica galega especializada en comercio electrónico, dixitalización de documentos e marketing dixital, seguemos a traballar en diversos programas de organización de arquivos, esta vez estamos colaborando ca Fundación Galiza Sempre (FGS) para a organización e catalogación dos fondos documentais do seu arquivo.
A Fundación Galiza Sempre constitúese en 1999, promovida polo Bloque Nacionalista Galego. Desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galicia, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galicia e especificamente do nacionalismo galego.
A Fundación Galiza Sempre ten por obxecto
- O fomento e realización de actividades culturais que teñan por fin o estudo e desenvolvemento do pensamento político, social, económico e cultural galego.
- Difundir o pensamento político de aquelas persoas e entidades que traballan, dentro da legalidade vixente, pola consecución da soberanía da nación galega, o progreso social e o afondamento da democracia na perspectiva de acadar unha sociedade galega e mundial máis libre, xusta e solidaria.
- Promover o coñecemento na sociedade da personalidade nacional e da súa historia impulsando o seu estudo e a súa proxección pública.
- Afondar no coñecemento da realidade galega na súa dimensión política, social, cultural e económica.
- Aumentar a formación política e a participación dos cidadáns e cidadás, afondar no debate político e impulsar a sensibilización e concienciación da sociedade sobre a realidade e problemáticas propias da nación galega, e a visión do mundo desde unha perspectiva nacional galega.
- Impulsar e divulgar iniciativas de intercambio e cooperación exterior para contribuír á xustiza e á equidade nas relacións comerciais, políticas e estratéxicas entre os pobos da comunidade internacional.
O sobor do cumprimento destes obxectivos, a Fundación Galicia Sempre contempla nos seus estatutos a organización dun Arquivo do nacionalismo galego e do pensamento político e social de Galicia.
O Arquivo xestionado pola Fundación Galiza Sempre, comeza a súa andaina no ano 2009 coa finalidade de contribuír a reunir, organizar, conservar e poñer a disposición do público interesado o patrimonio documental do nacionalismo galego e, en especial, do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
______________________________________________________________________________________________________________________________________
Tamén te podería interesar:
⭐ Museo etnográfico de A Capela: Poñendo en valor a cultura tradicional galega
⭐ Historias da toponimia do Val do Dubra.
______________________________________________________________________________________________________________________________________
Garantindo a preservación da memoria e da experiencia histórica do BNG, a través da conservación da documentación con xa máis de 30 anos de antigüidade. O Arquivo alberga os fondos do BNG dende a súa creación, recollendo ademais documentación de diversas organizacións, sindicatos e outros grupos ou partidos afíns, colaborando na importante labor de difusión dunha documentación fundamental para a reconstrución do noso pasado recente.
Aparte distos fondos asociados o BNG, o FGS conta con documentación relacionada coas actividades culturais levadas a cabo pola fundación dende o seu nacemento presentes no arquivo (Premio “Unha ollada nova sobre Castelao “ ou o Premio Xosé Henrique Rodríguez Peña; Congresos e Xornadas sobre nacionalismo e lingüística en colaboración con outras fundacións; Manifesto Bóveda; Festigal; Actividades sobre feminismo e igualdade; Programas de radio “160 anos de nacionalismo”; e un largo etc…). Tamén conta cun fondos de materiais especiais –fotográfico, audivisual, hemerográfico, iconográfico- digno de mención polo seu interés e amplitude.
A documentación conservada no Arquivo é de obrigada consulta para calquera traballo de investigación que aborde algún aspecto do nacionalismo galego contemporáneo. Os fondos da Fundación ofrecen materiais inéditos e de gran utilidade para o investigador, aspirando a converterse nun dos fondos especializados en documentación política e social do país.
O programa iniciado en 2009 para a catalogación e organización de fondos documentais do nacionalismo galego coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, continua agora da man de Unayta, para proseguir nesta inexorable labor co fin de preservar esta rica fonte de coñecemento.
Autor: Jorge Rodríguez
Síguenos nas nosas redes sociais: LinkedIn, Twitter y Facebook.
¿Gustouche este post? Valórao e compárteo!