JustBread, o noso software para panaderías
UNAYTA é unha consultora tecnolóxica especializada en comercio electrónico, aplicacións móbiles, páxinas web, xestión documental, identidade de marca e marketing dixital (posicionamento e redes sociais).
Se a semana pasada presentabamos un dos softwares que distribuímos para mellorar a xestión documental das empresas, hoxe é o turno de falar de JustBread, outra das ferramentas específicas ca que pretendemos impulsar o traballo en panaderías.
Grazas á nosa experiencia, decidimos comezar a distribuír solucións de software específico para os problemas que aparecen no día a día de moitos negocios que requiren dos nosos servizos.
A solución que presentamos hoxe, como anticipo ao evento público que faremos en Santiago de Compostela o próximo 8 de febreiro, é a de JustBread.
Con ela poderás mellorar as vendas da túa panadería, aforrar en tempos de facturación e coordinar a produción do teu negocio cun control completo do stock, da propia xestión da tenda e do seguimento do reparto.
Este programa conta con estatísticas de compra e venda detalladas, xestión de cobros, xeración de facturas, xestión de encargos por TPV e ata unha páxina web.
Con JustBread garantimos o salto que pode dar o teu pequenno negocio, axilizando os procesos internos da empresa e aforrando o tempo que precisas para volcarte cos teus clientes.
Ademais, dende UNAYTA axudarémoste en todo momento a mellorar o teu marketing online e offline, como xa explicamos nesta entrada da nosa web.
Como xa saberedes, a nosa forma de traballar incide na formación do noso persoal para garantir un asesoramente persoal e permanente, así como a implementación de solucións en todo o proceso de traballo. Por iso aseguramos que o traballo con JustBread é unha das mellores solucións do mercado, sobre todo para aquelas empresas que perdan parte da súa xornada laboral xestionando o traballo do día a día.
Esta ferramenta vai ser presentada nun acto que celebraremos o próximo 8 de febreiro no CDTIC de Galicia (Rúa Arias Nunes, Santiago de Compostela).
Será unha oportunidade única para fomentar o networking entre os profesionais que acudan ao evento.
Infórmate neste evento, escribindo a unayta@unayta.es ou chamando ao 981939538. É preciso confirmar a asistencia.
E podes solicitar máis información de JustBread, pinchando neste enlace.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!