Queres saber como promocionar a túa panadería?
Hai moitas accións de marketing que unha panadería pode facer para incrementar as súas vendas. Hoxe traémosvos algunhas do terreo off e online para axudarche a chegar ao teu público obxectivo, é dicir, aos teus clientes. Comezamos?
Antes de nada, debes saber que unha estratexia de marketing ten que ser unha integración do mundo real e dese novo mundo de Internet. A integración destes mundos e a constancia son os dous ingredientes imprescindibles para incrementar a imaxe de marca, noutras palabras, para conseguir que a veciñanza da panadería pense no teu local se precisa pan, unha torta para un cumpleanos, uns pasteis para unha comida, o roscón de Reis en Nadal, etc.
O principal que debes intentar é poñer o empeño no proceso da compra para que sexa unha auténtica experiencia para o cliente. Que queremos dicir con isto? Co marketing sensorial pódese conseguir que comprar unha barra de pan sexa un momento emotivo para o cliente, para iso aproveitaremos os cinco sentidos para explotar o máximo a experiencia: Olor, sabor, tacto, vista e oído. Para exponencialo, unha sinxela fórmula é abrir as portas da panadería de par en par se o tempo acompaña cando o pan está horneado para que ese olor se disperse polo vecindario.
Tamén debes pensar que o trato do persoal é o máis importante dunha panadería. Isto podes melloralo implementando as promocións do pan do día anterior ou dar detalliños ao cliente para que sinta que é un regalo por ser fiel.
É moi importante a captación de base de datos para coñecelos e poder obter a fidelización do cliente. Antes de recoller datos, pensa que é o que necesitas saber e que tipo de campañas queres levar a cabo.
Por último, gustaríanos falarche da importancia dunha web que sirva coma escaparate dos produtos, o posicionamento web local para que nos atopen na zona, as posibilidades de exprimir a base de datos e a posibilidade das redes sociais para incrementar a imaxe de marca e mostrarse coma unha marca dinámica.
Queres saber máis? Contáctanos e estaremos encantados de poder ser os vosos pinches para crecer xuntos. Ademais, lembra que podes ter máis información do noso software especializado de panaderías e pastelerías!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!