Colaborando na transformación dixital das entidades do sector pesqueiro
As confrarías de pescadores emprenden distintas accións para axeitar os seus procesos de xestión á contorna dixital. A través de diversos proxectos de organización e transformación dixital, Unayta está a espallar a súa metodoloxía de Oficina Sen Papel (OSP) nestas entidades.
As eleccións no sector: accesibilidade e transparencia
Para facer accesíbeis os resultados das pasadas eleccións unificadas nas Confrarías de Pescadores de Galicia, Unayta desenvolveu unha aplicación específica que permite monitorizar toda a información estatística resultante do proceso. Este software axudou a que por vez primeira, os resultados segmentados fosen publicados en tempo real, dando cumprimento aos novos requerimentos en materia de transparencia. Esta innovación xorde como continuación dos traballos de desenvolvemento web que a nosa compañía viña realizando para visibilizar os labores das entidades do sector.
A xestión documental nas confrarías
A sede da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de A Coruña tamén está a afrontar o reto da transformación dixital. Durante os últimos meses, e tamén da man de Unayta, implantou un sistema de xestión documental flexible e orientado á colaboración. Este software vai permitir unha mellora sustancial na eficiencia e efectividade dos procesos de xestión, facilitando o traballo diario de todos os membros da organización.
O mar, a nosa historia
As entidades mariñeiras comezan tamén a recuperar e poñer en valor os seus fondos documentais históricos. Un patrimonio de extraordinario interese público que reúne testemuñas esenciais para comprender a importancia dun sector clave na historia do país e no seu desenvolvemento económico e cultural.
A Confraría de Celeiro vén de poner en liña unha importante mostra deste patrimonio documental galego, tan necesitado de atención. O proxecto de dixitalización dos seus fondos, realizado por Unayta, culminou coa publicación dunha web que ofrece de maneira aberta o repositorio dixital da Confraría e moita información de contexto sobre a historia do propio pósito, do porto, da industria, os traballos e a vida en Celeiro desde hai máis de cen anos.