Decálogo da Xestión Documental
Se fai uns meses falabamos da Xestión Documental nas Empresas, hoxe queremos presentar un listado das que pensamos que son as principais cuestións que se poden solventar con este proceso.
1.- Podemos garantir a conservación documental, ben sexa en documentos en papel ou electrónicos.
2.- É a ferramenta máis veloz no referido á recuperación da información.
3.- Supón un importante aforro para a empresa, xa sexa en instalacións ou no tempo que se pode perder na búsqueda de documentos.
4.- Garante tamén a seguridade do documento, tanto na súa supervivencia coma no acceso á información que contén.
5.- Pode ser unha peza clave tanto nas grandes coma nas pequenas empresas, sobre todo naqueles casos onde é preciso manexar unha gran cantidade de documentación.
6.- Está demostrado que as empresas que melloran a súa Xestión Documental, aumentan a súa produtividade.
7.- Hoxe en día existe software específico que, a través dunha interface sinxela e intuitiva, permite traballar a toda a empresa na Xestión Documental.
8.- Aumenta a comodidade á hora de traballar, xa que permite automatizar os procesos e empregar de forma máis racional os recursos cos que se conta.
9.- O aumento da documentación electrónica nas empresas actuais tamén pode ser o protagonista da Xestión Documental, xa que estes procesos funcionan do mesmo modo tanto neste tipo de documentos coma nos que temos en papel.
10.- A Xestión Documental garante a confidencialidade dos datos que nela se manexan, algo de vital importancia para todas as organizacións.
Por estas dez cuestións, e moitas máis que poderiamos debater, dende UNAYTA estamos convencidos de que as empresas que queiran afrontar o futuro con garantías, deberán dar o salto aplicando procesos de Xestión Documental no seu traballo diario. Para isto, contamos tanto cos profesionais necesarios coma co noso propio software documental: DigitalDocu
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!