Se tes un comercio e necesitas crear ou actualizar a túa páxina web ou tenda online, esta é a túa subvención!

subvención

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar unha axuda para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais.

¿Qué necesitas saber desta convocatoria? Dende Unayta, asesorámoste.

Beneficiarios da subvención

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica legalmente constituídas que cumpran ademáis os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma de Galicia, e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. Tamén se inclúen os comerciantes que realicen a súa actividade comercial en liña, sempre que teñan o seu domicilio social dentro da Comunidade Autónoma.

  • Pemes segundo os requisitos establecidos pola Comisión Europea
  • Menos de 10 traballadores
  • Sen consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
  • Establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados (agás os comercios de mobles)

b) Titulares de obradoiros artesanais:

Inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Inversións ou gastos computables na subvención

*Deben realizarse e aboarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro deste ano.

As inversións deben utilizarse para a implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado. Por exemplo:

1) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña para a comercialización dos seus produtos, variando o investimento máximo subvencionable (IVE excluído) segundo:

– Implantación:

Tendas online, 4.000 euros

Páxina web, 1.000 euros

– Mellora e actualización da páxina web con venda en liña: 1.000 euros

A porcentaxe da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

Características técnicas e de deseñoresponsive

No caso da web corporativa:

  • Estar optimizada para SEO
  • Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web
  • Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles
  • Ter fotografías de calidade profesional (peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp)
  • Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente
  • Ter enlaces ás redes sociais da empresa
  • Contar con Google Analytics

No caso de web con acceso a tenda en liña, tamén se necesitará:

  • Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial
  • Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % dos produtos da tenda física
  • Ter pasarela de pagamento

2) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging (presentación do produto) para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe. O investimento máximo para a subvención será de 5.000 euros (IVE excluído), e a porcentaxe da axuda será do 50 %.

3) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa. O investimento máximo para a subvención será de 3.000 euros (IVE excluído), e a porcentaxe da axuda será do 50 %.

4) Xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolverá en colaboración coa Federación Galega de Comercio, durante o ano 2018.

 

Exclusións ao alcance desta subvención

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas as empresas en crise; nin aquelas que renunciasen ou perdesen o dereito ao cobramento total desta subvención nos últimos dous anos (2016 e 2017).

Por outra banda, será incompatible con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, sendo obxecto da petición os mesmos conceptos subvencionables e o mesmo establecemento comercial.

 

Outros aspectos da subvención

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de marzo do 2018.

Esta subvención tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeita ao réxime de axudas de minimis, é dicir, non se considerará unha axuda do Estado nin se necesitará autorización da Comisión Europea dada a súa pequena cantidade. Ademais, a través desta mesma axuda son subvencionables tamén proxectos de modernización integral do local comercial, para adecualo a una nova imaxe corporativa.

¿Queres saber se o epígrafe da túa actividade entra especificamente nesta convocatoria? Podes consultar as bases premendo aquí, ou podes poñerte en contacto con nós sen compromiso.

Queremos ser a túa consultora tecnolóxica de confianza!