• Enlace a LinkedIn
  • Enlace a X
  • Enlace a Facebook
  • Enlace a Youtube
LLÁMANOS AHORA o ENVÍANOS UN EMAIL | FEDER
Unayta
  • INICIO
  • SERVICIOS
    • DIGITALIZACIÓN DOCUMENTAL
    • FIRMA BIOMÉTRICA
    • DESTRUCCIÓN CERTIFICADA
    • ARCHIVO DIGITAL
    • CUSTODIA DOCUMENTAL
    • CAPTURA DE DATOS
    • SIXA Gestión educativa
  • CLIENTES
  • BLOG
  • CONTACTO
  • CERTIFICACIONES
  • Kit Digital
  • Menú Menú

Un arquivo musical histórico: Coral De Ruada

octubre 24, 2019/en Catalogación y descripción documental, Oficina sin papel, Organización documental

A Coral De Ruada, unha das agrupacións musicais máis antigas de Galicia, ven de ordenar e catalogar a historia do seu percorrido ó longo de cen anos coa consultora tecnolóxica Unayta. Este proceso permitirá un mellor acceso e organización dos seus documentos e partituras ó mesmo tempo que espallará a súa traxectoria.

No ano 1916, grazas a iniciativa e actuación dun grupo de intelectuais galeguistas (os irmán Vilar Ponte, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Ramón Cabanillas ou Florentino López Cuevillas, entre outros), xorden as Irmandades da Fala, un movemento cultural e político que demanda a galeguización plena da sociedade e que defende a identidade de Galicia coma unha nación. Polo tanto, o seu obxectivo será impulsar aqueles elementos que volven único a este país, como a cultura, a historia ou a lingua. Con este propósito, nacen un conxunto de agrupacións corais que, mediante a música, tratan de defender o idioma e de poñer en valor as tradicións galegas. Neste contexto, emerxe en Ourense a Coral De Ruada.

A súa fundación ten lugar en 1918, logo da reunión de Xavier Prado “Lameiro”, Fabriciano Iglesias Abella, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández González e Cesáreo Eire Santalla. Un frutífero contacto que se materializa en xuño de 1919 coa primeira aparición pública da Coral no salón Apolo de Ourense, resultando todo un éxito. Aquí, baixo a dirección de grandes mestres como Daniel González Rodríguez, Isolino Canal ou Manuel de Dios, comeza un intenso camiño – só interrompido pola Guerra Civil – que levará a este grupo musical por toda a xeografía galega e española, con varias xiras europeas e americanas, transmitindo coas súas verbas todo o ser galego e mantendo viva a música tradicional desta nación. Cen anos de historia, e historias, que converten a Coral De Ruada nunha das principais valedoras do pobo galego, sendo fundamental o seu labor para a supervivencia da cultura e os costumes galegos.

Esta importante actividade, a súa memoria, é recollida e custodiada polo seu xa histórico arquivo. Fotografías, cartas, partituras, discos e carteis testemuñan este percorrido; narran a realidade cultural ourensá e galega do último século. Por iso, este espazo adquire unha gran transcendencia na vida da agrupación, sendo precisa unha correcta organización, preservación e difusión da información que aquí se garda.

Algúns dos materiais do proxecto

Algúns dos materiais do proxecto

 

Esta necesidade conecta directamente con Unayta. O noso labor centrouse na ordenación e catalogación arquivística dos fondo para poder coñecer as riquezas que estes gardan, darlles o valor que estas merecen e facilitar unha sinxela recuperación por parte de calquera usuario que queira acceder ó arquivo. Este sería o paso previo do proceso da dixitalización da documentación, que aseguraría a súa preservación futura e, de igual xeito, promover o seu acceso e utilización.

Todo este traballo foi proporcionado ó arquivo musical da Coral De Ruada, labor que permitirá un mellor acceso e organización das partituras, que revalorizará a súa traxectoria musical e cultural ó longo das décadas e que recuperará e espallará a súa historia.

 

Resultado final do proxecto

Resultado final do proxecto

 

Nesta ocasión, a directora do proxecto foi Carmen Posse, quen lle entregou a carpeta do traballo a Samuel Lado, o presidente da Coral De Ruada.

Fotografía entrega

Fotografía entrega

 

Se estás pensando en organizar e catalogar os arquivos históricos da túa agrupación ou empresa podes contar con Unayta para realizalo.

Se tes algunha dúbida sobre este ou outros proxectos ou queres coñecer mellor a nosa actividade, non dubides en consultalo sen compromiso aquí.

Ademais, tamén podes seguirnos nas nosas redes sociais (LinkedIn, Twitter e Facebook).

Autora: Sandra Piñeiro

Se che gusta esta entrada, valóraa e compartea!

Etiquetas: Entidades, Entrega de proyecto
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en Pinterest
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://unayta.es/wp-content/uploads/2016/02/unayta-logotipo.png 0 0 Brais Moares https://unayta.es/wp-content/uploads/2016/02/unayta-logotipo.png Brais Moares2019-10-24 11:30:282019-11-27 13:39:14Un arquivo musical histórico: Coral De Ruada
Quizás te interese
Digitalización documentos Fundación Camilo José Cela La Fundación Camilo José digitaliza su colección epistolar con Unayta
Ribadeo digitaliza sus documentos históricos desde 1573
galiza-sempre-fundacion Galiza Sempre, preservación da memoria histórica de Galicia
Unayta, presente en la preservación de la memoria sindicalista gallega
Digitalizar facturas: La fórmula para una contabilidad eficiente y organizada
La digitalización de las empresas: por qué la transformación digital es la clave del éxito
AYUDA A STARTUPS GALLEGAS IG408G
Vilamartín de Valdeorras organiza su archivo histórico

Buscar

Search Search

Novedades

  • De 1805 a 2026: UNAYTA pone en valor la memoria documental de siete municipios gallegos
  • Firma biométrica en UNAYTA: qué es, cómo funciona y por qué cada vez más empresas la utilizan
  • Cómo automatizar la extracción de datos de facturas, albaranes y documentos industriales con IA
  • Antes de digitalizar un archivo municipal: cómo organizarlo y abrirlo a consulta
  • Pasarela Horarios: deja de copiar a mano los horarios en Xade

CERTIFICACIONES

DÓNDE ESTAMOS

Av. Rosalia de Castro, Nº 53 (Baixo 3) 15895 – Milladoiro, Ames. (A Coruña)

981 939 538

informacion@unayta.es

SERVICIOS

  • Digitalizacion documentos y Gestion Documental
  • Firma Biométrica
  • Destrucción Documental
  • Archivo Digital
  • Automatización de facturas
  • Captura de Datos
  • Custodia Documental

CONÓCENOS

  • Clientes
  • Certificaciones
  • Blog/Noticias

¿TE AYUDAMOS?

Para cualquier consulta, duda o mención

© Copyright - UNAYTA - Todos os dereitos reservados
  • Enlace a LinkedIn
  • Enlace a X
  • Enlace a Facebook
  • Enlace a Youtube
  • Aviso Legal
  • Política De Privacidade
  • Política de Cookies
Enlace a: Digitalización de documentos: Qué es y beneficios para tu empresa Enlace a: Digitalización de documentos: Qué es y beneficios para tu empresa Digitalización de documentos: Qué es y beneficios para tu empresa Enlace a: Vilamartín de Valdeorras organiza su archivo histórico Enlace a: Vilamartín de Valdeorras organiza su archivo histórico Vilamartín de Valdeorras organiza su archivo histórico
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}