digitalizacion de archivos en galicia

Es unha Pequena ou Mediana Empresa (PeMES) con problemas para tratar a túa documentación? Confía en UNAYTA!

Ben é certo que levamos varias semanas presentando o noso traballo en Arquivos Municipais, xa que estamos a desenvolver xestións de Dixitalización e Xestión Documental nos Arquivos de Boqueixón, Cervo, Outes ou Ribeira, entre outros.

Mais non debemos esquecer a outra vertente na que dende UNAYTA estamos especializados, o traballo nos Arquivos de Empresas.

Ademais de contar cun equipo especializado no traballo de Marketing, Deseño e Identidade de Marca e Desenvolvemento Online, dende fai un tempo ampliamos os nosos esforzos ao traballo na Xestión Documental. E non só nas institucións da Administración Pública, coma os Arquivos Municipais, senón que tamén ofrecemos solucións na Xestión Documental das empresas privadas.

Estas solucións pasan pola creación das ferramentas necesarias para garantir un movemento e un uso efectivo da documentación xerada pola propia empresa, ben sexa por medio da Xestión Documental ou pola Dixitalización da súa documentación, como xa vimos nas anteriores entradas “Cinco cuestións básicas sobre Xestión Documental e Empresas” e “Dixitalización e Empresas: claves e beneficios

O noso traballo pasa por axudar a xestionar a documentación almacenada da maneira máis propicia para a institución, asegurando a súa conservación, dándolle máis rapidez aos procesos e facendo á empresa máis competitiva co aumento da súa produtividade.

Todas as análises apuntan a que estes procesos benefician ás empresas en tres eixos: o impacto económico que supón aforrar os custos de almacenamento e persoal, a seguridade de conservar de maneira segura toda a información xerada e a rapidez que se consegue ao ter toda a documentación localizada a golpe de click.

Estas funcións xa están presentes na inmensa maioría das grandes empresas e cada vez son máis as PeMES (Pequenas e Medianas Empresas) que dan o salto dixital. Por iso dende UNAYTA propoñemos comezar a nosa relación analizando as necesidades e elaborando unha proposta de actuación. A partir de aí, estamos convencidos de que as nosas solucións farán máis produtivas ás empresas que confíen en nós e que, ata hoxe, pensan que as grandes montañas de documentación que xeran a diario, son un problema e non unha oportunidade de adiantar aos seus competidores.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario